top of page

David Vilches
A que se dedica vostede na actualidade?
Teño un teatro onde traballo e tamén fago turne
Como lembra os seus comezos?
Empecei bailando con tres a. na rúa, cun veciño que tocaba
o organillo
Cal foi o motivo polo que escolleu esta profesión?
Sempre quixen traballar nesta profesión
Como lembra o momento no que comunicou ás persoas achegadas a vostede, “quero ser artista”?
Toda a miña familia opúxose, dicíndome, que para facer esta profesión, tiña que ser mala persoa
Por que Alemaña e non España?
En España traballei moito en televisión, cinema, teatro… pero cada día que me saía un novo contrato querían que fixese sexo cos produtores e como eu non quería, tiña pouco traballo
Cal é o maior desafío do teu actual cargo?
A loita nesta cidade con xente da competencia, que quere que pechemos, pero atopamos xente marabillosa que nos apoia, e temos moito éxito.
É fácil vivir da arte?
Se tes calidade, non.
Que considera Vostede que fai falta para que a arte gañe máis adeptos?
Poñer todo o corazón niso, e que quiten os que son artistas de fin de semana
Coñecendo o que coñece da súa profesión, que sería o que non volvería facer para que a vostede fóselle mellor na profesión?
Nunca fixen nada, que me teña que arrepentir, quizais non confiar tanto na xente, pero son así, e non quero cambiar por nada nin ninguén
Que consello daríaslles/daríanlles aos que se queren dedicar á profesión?
Ser un mesmo e non tentar ser alguén que non es
Como é o seu día a día no traballo?
Preparar o local, facer o show, e quedarme cos clientes ata que se van
Cantas horas dedica ao seu traballo?
18 h. por día
Onde, Cando e Como se pode gozar dos seus espectáculos?
De martes a sábado
Que tipo de espectáculo podemos ver?
Temos 20 shows diferentes e de propia produción. Desde musicais ata concertos de rock
Cantos Son os espectáculos que facedes?
20 e máis os concertos
Cantas persoas forman o equipo de traballo?
Fixos 10
Que servizos ofrecedes no seu local?
Comidas, Cocktails
Como poden contratar os seus espectáculos?
www.barrik.eu
Que tipo de público acode e canto?
Desde 16 ata *** moi mesturado
Considera que as Artes Escénicas, valóranse na sociedade actual?
A xente con tantos problemas de todo tipo, sempre quererán divertirse
Cal foi o seu Artista como punto de referencia?
Ser sempre eu, e sobre todo respectar a todo o mundo dándolle o mesmo valor, que eu esixo para o meu
Ante todo moitísimas grazas, e perdoar pola tardanza, un abrazo e espérovos un día por aquí, a miña casa é A vosa casa.


bottom of page