
Novembro 6, 2011
Duración 1h 12min
13 Coreografías + 2 novas a estrenar en cada representación.

BURLESQUE É O NOVO TRABALLO DO BALLET STUDIO 88, é un espectáculo de 13 coreografías, que dá vida escénica ao Mundo do Cabaret, da Vedette.
BURLESQUE ten un lado cómico a modo de Burla escénica, así é como dá comezo e finaliza o espectáculo. Distintamente as diferentes coreografías co seu cambio de vestiario, fai que BURLESQUE sexa un espectáculo entretido e cheo de cor, coa súa caracterización en Maquillaxe, Maquillaxe Corporal e Salón de peiteado.
É un espectáculo para todo público, onde a sensibilidade xunto coa expresión corporal e os pasos técnicos, acrobacias, elevacións, portés de gran dificultade, fai que BURLESQUE, sexa un espectáculo vistoso. O corpo de baile de BURLESQUE fórmano 16 persoas.
O vestiario para Utilizar son, traxe de Vedette, Cabaret, Frack, Chaquets, Vestiario de Clásico Romántico, Tutus, Vestiario de Danza Moderna, Batas de Cola etc.
Se desexa que BURLESQUE chegue á súa localidade pode poñerse en contacto.
Director Artístico: Josué Álvarez.
O espectáculo BURLESQUE presentouse na localidade da Guarda, o día 16 de Novembro do 2011, dando comezo media hora máis tarde da súa hora prevista, ás 19 h., contando con 200 persoas de Público.
Acto presentado pola comunicadora Bety Rey.
Día 4 de Novembro do 2011 na TVG, programa a Solaina emitido en directo dando comezo ás 17h. (Véxase na sección de vídeos).
Día 6 de Novembro do 2011 na Localidade De Tomiño, no Auditorio de Goian, dando comezo o seu espectáculo ás 18:30h, con aforo cheo, e quedando xente sen poder ver o espectáculo fose do mesmo.
